Artista







No ano 1992, inicia estudos na facultade de Belas Artes de Pontevedra, participando no Certame de Artes Plástica “NOVOS VALORES 92”, na modalidade de pintura e fotografía.
En 1993 participa na exposición colectiva “POSICIÓN 93”, organizada polo 2º curso de Belas Artes de Pontevedra. Ese mismo ano concédeselle un accesit na modalidade de pintura pola fundación “Rutas do románico”.
No ano 1994 expón na modalidade de gravado no Certame de Arte “NOVOS VALORES 94”.
Durante os anos 1995-1997 realiza a especialidade de restauración de obras pictóricas na facultade de Belas Arte de Granada.
En 1998 a obra “Rincón do rio Seixo” subástase na galería ANSORENA de Madrid.
No ano 2000 expón no Museo Manuel Torres, en Marín, así como na galería de arte contemporánea ARCANA de Vilagarcía e no Museo Diocesano da Catedral de Tui. Nese mesmo ano organiza xunto co escritor pontevedrés Calros Solla, a exposición poético-pictórica “TERRAS RARAS”, no Club Náutico de Vigo.
En 2004, monta a exposición “LUZ E PAISAXE”, no castelo de Soutomaior a través da Deputación de Pontevedra. Ese ano participa na exposición colectiva “NADIR. CAMIÑO DE COMPOSTELA”, organizada pola Xunta de Galicia.
No ano 2008, realiza unha exposición na sala de arte contemporánea “O CARÓN DO MAR” en Cangas do Morrazo.
En 2009, expón na galería “SARAGADELOS” da Estrada e de Pontevedra, así como na exposición organizada durante o  “IV Encontro de Gaiteiros Manuel Villanueva”, no Casal de Feireirós, en Poio.
En 2010, expón na sala de exposicións da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra.

Na actualidade traballa como técnico restaurador da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia.

A obra do pintor Francisco Sutil, caracterízase polo predominio do tema paisaxístico. Paisaxes en clave realista que bebe de antigas fontes, como a da Escola de Barbizón (1830-1870), escola francesa de pintura,  onde un grupo de pintores franceses reunidos en torno ao pobo de Barbizon, cercano ao bosque de Fontainnebleau, se reunian para tomar apuntes do natural co fin de realizar as súas obras definitivas no seus estudios. Esta observación do natural produciría efectos sentimentais na alma do pintor, polo que as súas paisaxes adquirian unha calidade fondamente emotiva bastante perceptible. Deste xeito a paisaxe adquire unha dimensión íntima e de estreita relación entre obxecto, neste caso a paisaxe, e o observador.

A preocupación por plasmar a particular atmósfera que inunda corredoiras, bosques e ríos a determinadas horas do día, e a relación íntima que ésta ten co estado anímico do pintor, confire a estes traballos unha dimensión que trascende o meramente estético para converterse nun elemento que trata de transportarnos ao que semella estar máis aló da realidade. Neste punto, radica a metafísica da paisaxe, nun lugar de observación atenta, de silencio interior, á espera dunha resposta que nos revele o que realmente esconde a natureza humana.

No hay comentarios:

Publicar un comentario